wordpress

A qué nos dedicamos

Creamos e desenvolvemos proxectos propios, ao tempo que ofrecemos a otras entidades e empresas un servicio integral para levar a cabo os seus propios asuntos. Acompañamos en todas as fases do proceso, dende a concepción e o diseño inicial ata a coordinación e execución. A nosa actividade céntrase en tres áreas principais, que integramos de maneira transversal en todo o noso traballo.

Facilitación de grupos e participación social

  • Facilitación de espazos grupais apoiando espazos de toma de decisións, indagación e creación colectiva e xestión emocional
 
  • Acompañamento de equipos de traballo
 
  • Apoio ao desenvolvemento organizacional
 
  • Deseño de procesos participativos inclusivos
 
  • Intervención e mediación sociocomunitaria
 
  • Acompañamento en procesos creativos
 
  • Formación para o traballo en colectivo
 
  • Educación para a participación con infancia e adolescencia

Xéneros e identidade

  • Proxectos de coeducación: campamentos, obradoiros infantís e para adolescentes
 
  • Formación para persoas adultas sobre comunicación inclusiva, historia dos feminismos, educación emocional, educación afectivo-sexual ou empoderamento colectivo
 
  • Plans e programas de igualdade para entidades e        administracións públicas
 
  • Proxectos de participación social vinculados á posta en valor da memoria, os coñecementos e a experiencia das mulleres

Cultura, memoria e territorio

  • Roteiros históricos interpretados
 
  • Proxectos educativos de posta en valor do territorio e os seus recursos
 
  • Procesos participativos vinculados co urbanismo e a arquitectura
 
  • Proxectos de creación artística e reflexión crítica
 
  • Obradoiros de memoria colectiva
 
  • Produción de xornadas divulgativas e participativas