wordpress

Facilitación e participación social

Facilitación e participación social

Foro da mocidade

  • Ano
    2021
  • Clienta
    Concello de Sada

O Foro da mocidade é un proxecto de fomento da participación cidadá e os valores democráticos dirixido á poboación moza. Desenvolvémolo para o Concello de Sada, coa participación de alumnado dos IES da vila. Consta de sesións de obradoiro en aula onde identificar as necesidades da mocidade e darlle forma a propostas para o seu concello, e un espazo final de Pleno con representación municipal no que trasladar estas ideas.

Desenvolvemos tarefas de coordinación, deseño e execución do proxecto.

Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social

  • Ano
    2021
  • Clienta
    Concello de Sada

«Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social” é un obradoiro dirixido a alumnado do Grao de Educación Social, e deseñado para a UDC. A través de dez horas de formación, que combinan teoría con exercicios prácticos e vivencias, búscase sensibilizar aos futuros e futuras educadoras sociais da importancia do seu rol no apoio da activación de falantes nunha lingua minorizada coma o galego. Pártese da súa experiencia no ámbito familiar e social para entender os estereotipos e prexuízos lingüísticos, e remátase deseñando un proxecto piloto que integra a intervención social e a normalización lingüística.

Desenvolvemos tarefas de deseño e execución da formación.

Escola de Participación Cidadá de Narón

  • Ano
    En curso
  • Clienta
    Concello de Narón

A Escola de Participación Cidadá de Narón é un espazo de relación entre a veciñanza e o Concello. Comprende un conxunto de accións que buscan apoiar o tecido asociativo do municipio e fomentar a participación cidadá. Estes elementos son atención cidadá continuada, os Consellos Territoriais, a plataforma www.naronparticipa.es, o programa educativo Plenos Escolares, formación e xornadas e eventos de cohesión do tecido asociativo.

Desenvolvemos tarefas de coordinación, comunicación, formación, facilitación e asesoramento

.