wordpress

Recursos

A festa, de hoxe nun ano

“A festa, de hoxe nun ano” é  unha publicación feita para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración con veciñanza participante en comisións de festas para os festexos patronais nas últimas décadas. O seu obxectivo é recoller parte desa memoria das festas, servir de guía útil para as novas persoas que asuman este encargo, e poñer en valor esta poderosa fórmula de organización comunitaria. 

Formato:
PDF

Clienta:
Asociación Airiños da Capela

Ano:
2023

Ferrol coas Irmandades da Fala

Un paseo para descubrir a nosa grande achega á cultura galega

O roteiro ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ ten como obxectivo dignificar a memoria da cidade e salientar a súa grande achega á cultura galega, difundindo o fenómeno cultural e político das Irmandades da Fala. Un paseo para pensar a cidade desde lugares, fitos e persoas que marcaron o seu devir no primeiro terzo do século XX.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Ferrol

Ano:
2016-2018

Seis cafés: etnografía dos coidados para tempos de pandemia

Seis cafés é un proxecto de intervención sociocomunitaria e etnografía feminista desenvolvido para o Concello de Bergondo entre setembro e novembro de 2020. Nel, exploramos o tema dos coidados a través de entrevistas a veciñas do municipio, visibilizando a relación histórica das mulleres co mundo reprodutivo, denunciando a inxusta carga que puido supoñer nalgúns momentos da súa existencia e aprendendo de todos os saberes invisibles que atesouran.

Este libro recolle os principais resultados desas conversas, ademais doutras fases do proxecto coma o encontro virtual Coidatopías.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Bergondo

Ano:
2020

Xogando en igualdade

Medrando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no ámbito do xogo e o patio. No 2021 desenvolvemos esta guía para a ANPA Berbiriana do CEIP Zalaeta (A Coruña).  Está dirixida a profesorado e familias, e contén un achegamento ao concepto de “patios inclusivos”, con dinámicas para analizar o propio patio cunha mirada de xénero e propostas para realizar coas nenas e nenos na aula ou na casa.

Formato:
PDF

Clienta:
ANPA Berbiriana, CEIP Zalaeta

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia

Ano:
2021